O GANAPÁN

O Ganapán é un espazo infantil sito no primeiro andar do Mercado de Abastos, que nace coa vontade de fomentar a asistencia do público familiar da Boa Vila ao Mercado.

Non é só unha ludoteca; é un espazo para o achegamento das familias ao tecido produtivo da terra e do mar, ao comercio de proximidade, á produción ecolóxica e á cultura natural que habita os mercados tradicionais coma o da nosa cidade.

No Ganapán desenvólvense actividades lúdicas e didácticas: obradoiros artísticos, gastronómicos, ambientais, musicais, literarios… que teñen o produto de proximidade presente no Mercado como fío condutor. Para iso conta con dous espazos: o Espazo Gastro e o Espazo Crea.

O obxectivo das actividades do Espazo Gastro é dar a coñecer os ciclos dos produtos (do mar e da terra), a súa ligazón coa cultura gastronómica galega e, tamén, como coa produción local se poden preparar distintas comidas do mundo.

As actividades procuran destacar o consumo consciente e responsable e os valores nutricionais dos alimentos que se preparan neste espazo, fomentando propostas que sexan ao tempo atractivas e saudables para o público infantil e familiar.

No Espazo Crea desenvólvense actividades artísticas, de creación
de xoguetes, a ciencia máis divertida…

O Ganapán foi escollido entre máis de 200 propostas presentadas
por todo o Estado español polo Ministerio de Educación e Cultura
como proxecto-modelo dentro do Terceiro Encontro de Cultura e Cidadanía 2017.

Estas son as próximas actividades programadas no Ganapán!

?

No event found!