O ESPAZO GASTRO
O Mercado de Abastos busca actualizarse, pero sen perder a súa esencia de mercado tradicional. Por iso, a primeira planta acolle o Espazo Gastro, un lugar de goce en torno á gastronomía e ao lecer, un punto de encontro para a veciñanza e o turismo e o sitio onde quedar a pasar un tempo agradable.
Neste espazo atópanse diferentes postos de restauración que ofrecen variadas propostas culinarias a base de peixes, carnes, afumados, mariscos, comida ecolóxica ou vexetariana, tradicional… para deleitar ao padal no mellor ambiente: en compañía de amizades, parella ou familia.
Neste espazo atópanse diferentes postos de restauración que ofrecen variadas propostas culinarias a base de peixes, carnes, afumados, mariscos, comida ecolóxica ou vexetariana, tradicional… para deleitar ao padal no mellor ambiente: en compañía de amizades, parella ou familia.
E para desfrutar dunha experiencia completa, as persoas que o desexen teñen a posibilidade de que lles cociñen, por un módico prezo, os produtos frescos adquiridos na praza e degustalos in situ.
Ademais dos locais de comida, o Espazo Gastro alberga unha viñoteca e un posto de cervexas artesás.
Estas son algunhas das propostas que podes atopar!
A Batea do Mercado
Ofrecemos un produto en orixe, o mexilón, un vibalvo que se cría nas rías galegas; un lugar único no mundo, onde se pode degustar no seu máximo esplendor. Ofrecemos esa experiencia no Mercado de Pontevedra, cunha atención ao público excelente. A nosa proposta é saudable, sostible e pegada 0. Apoiamos a economía local e a economía circular. Cremos e temos un compromiso de responsabilidade social e exaltación do mexilón.
Teléfono:
653 372 555
A Fervella
A Fervella nace coa idea de ser un referente na cociña tradicional galega: unha volta á orixe, ás cousas ben feitas, con cariño e mimo; un retorno á nosa infancia, coa idea moi clara, como as nosas avoas trataban a materia prima e a elaboraban. Para que o resultado fose exquisito. Pratos que non só entran polo padal, senón que abren toda unha posibilidade ao resto dos sentidos.
Correo-e:
Teléfono:
698 154 308
Hortasán
Cada semana, os nosos menús varían segundo os produtos de tempada que veñen das nosas hortas.
Así, os nosos pratos ecolóxicos e vexetarianos ou veganos son cociñados con produtos da máxima calidade e feitos con tempo e agarimo, para que podades gozar dunha comida deliciosa e saudable.
Correo-e:
hortasan.tenda.cocina@gmail.com
Teléfono:
660 015 830
Umami Poke
Umami Poke ofrece unha alternativa á clásica comida saúdable, cun prato típico de Hawai. Coa particularidade de ter produtos frescos e variables, ofrece a alternativa de poder elaborarte un prato equilibrado en tan só cinco pasos.
Teléfono:
644 695 893