O EDIFICIO DO MERCADO
Con anos de tradición ás súas costas, o Mercado muda cos tempos pero non perde os seus sinais de identidade: adáptase ás novas tendencias sendo fiel á súa esencia, que consiste en ofrecer os mellores produtos, especialmente os procedentes do noso mar e da nosa terra, sinónimos de calidade e frescura.
Situado no centro histórico de cidade, nunha buliciosa zona de tendas de comercio tradicional, os seus arcos e paredes de pedra atesouran un mundo cheo de olores, sons, texturas, cores e formas no que non só se intercambian produtos, senón tamén saúdos, consellos e chanzas. Visitar e mercar no Mercado é, sen dúbida, toda unha experiencia para vivir o latexo da cidade.

O Mercado está situado a carón do Camiño Portugués de Peregrinación a Santiago de Compostela, o que o converte en visita obrigada para todos aqueles peregrinos e peregrinas que desexan coñecer o día a día da cidade, así como os gustos e costumes culinarios dos seus habitantes.
Na súa planta principal poderás comprar unha amplísima oferta de produtos a prezos económicos; e na planta superior, gozarás dun lugar de encontro único onde reunirse de forma distendida con amigos e familia, e deleitar os sentidos con exquisitos pratos para todos os gustos. Ven descubrilo!

O Mercado ofrece os seguintes servizos:
- Venda online
- Reparto a domicilio
- Aparcadoiro
- Acceso e WC para persoas en situación de discapacidade
- Consignas frigoríficas con 24 neveiras e 4 conxeladores
- Cafetarías
- Servizo de restauración
- Terraza exterior