Boa localización, mestura de tradición e modernidade, calidade, variedade… Na planta baixa do Mercado poderás mercar unha amplísima oferta de produtos frescos de calidade a prezos económicos; e na planta superior, gozarás dun lugar de encontro único onde reunirse de forma distendida con amigos e familia, e deleitar os sentidos con exquisitos pratos para todos os gustos.
Ven descubrilo!
Calendario de Actividades
Un espazo lúdico e didáctico para dar a coñecer os produtos da terra e do mar á cativada e achegala ao comercio de proximidade, á produción ecolóxica e á cultura natural das prazas de abastos tradicionais. Obradoiros artísticos, gastronómicos, ambientais, musicais, literarios… son algunhas das actividades que aquí se desenvolven.
Espazo Gastro
Un gran espazo aberto e singular, con diferentes propostas culinarias da man de profesionais da restauración para que goces de aperitivos, tapas, comidas e ceas deliciosas e variadas no mellor ambiente: en compañía dos teus amigos, parella ou familia.
a praza
Todo un referente en Pontevedra pola súa oferta de produtos de alimentación de extraordinaria calidade: peixes, mariscos, carnes, verduras, froitas, hortalizas, flores... Está situada no centro histórico da cidade, nun edificio que destaca polo seu singular valor histórico e cun encanto particular.