Inicio Actividades Cata comentada de cervexas Nasa e Meiga.

Invitados/as

  • Cervexa Meiga
    Cervexa Meiga
    cervexa Meiga

    Meiga nace da unión de 2 cervexeiros afeccionados que comezaron a elaborar no 2002. Despois de moita formación e elaboracións, arrancaron de forma profesional no 2014 coa marca Meiga.
    Meiga produce cervexas en pequenos lotes de 500 litros cosa exclusividade que aporta ese pequeno formato. Fai cervexas de elaboración continuada coma a Panadeira (cervexa de trigo) ou a Muiñeira (especial belga) e outras efémeras coma a Salvadora (en colaboración con Palmkids).
    A súa filosofía basease na venta a nivel local e na mellora continua da calidade sen usar conservantes nin aditivos.

  • Cervexa Nasa
    Cervexa Nasa
    Cervexa Nasa

    Cerveza Nasa inicia a súa produción en Pontevedra en 2016 con dúas variedades de Cervexa Lager para pouco a pouco ir adentrándose en todo tipo de estilos: Porter, IPA, Scotch, Ale, Bitter e Bock.
    Unha cervexa coma as de sempre, co coidado do artesanal.
    Cervexa NASA: Cando a novidade faise tradición…

Primeiro andar do Mercado

Lugar

Primeiro andar do Mercado
Rúa Serra, 5
Categorías
QR Code

Data

19 Ago 2021
Caducada

Hora:

7:30 pm

Cata comentada de cervexas Nasa e Meiga.

A cervexa é unha bebida tradicional que degustamos todo o ano, aínda que de maneira máis habitual nos meses de verán. No Mercado ofrecémosche a posibilidade de coñecer as características dúnha boa cervexa, como catala e que aspectos debes valorar na súa degustación.

Anótate e vén á cata comentada de dúas cervexas da zona de Pontevedra:  Meiga Xabaripa e Nasa Summer IPA (cervexas lupuladas e de estilo IPA).

MEIGA Xabaripa (Farmhouse Indian Pale Ale)
Cervexa híbrida entre unha saison e unha IPA , 2 maltes (de orxo) e moito lúpulo (ENDEAVOUR e SUMMIT) e dourada de 6º. Aroma a froita madura. Sabor a limón, laranxa e pexego con matices resinosos. Un amargor notorio e agradable para unha IPA moderna con corpo lixeiro.

Idónea para o vermú ou o aperitivo; ademais, combina moi ben cos mariscos.

NASA Summer IPA
Cervexa de verán, que a pesar da súa lixeira gradación ten corpo e sabor. Ademais dun agradable amargor.

———————————————–
INFORMACIÓN SOBRE A INSCRICIÓN:

A actividade é de balde e reservada para maiores de 18 anos.

AGOTADO

Lista de espera

Usuarios en lista de espera: 1