

Déixate levar! Clase gratuíta de baile con Ponte Baile
O sábado 27 de novembro pola tarde, vén bailar ao Espazo Gastronómico!
Ponte Baile ofrece unha clase gratuíta -de máis de 2 horas de duración- para todas aquelas persoas que se acheguen (aforo limitado).
Tamén teremos unha exhibición de baile e baile social. Para pór o broche a esta divertida sesión quedaremos para cear nos locais do Espazo Gastronómico.
Agardámoste!
Organiza: Escuela PonteBaile a cargo de Adrián Esperón e Noemi Abal; axudante: Alicia Chaves.