Inicio Actividades O Ganapán (Espazo CREA): Tarxetas Pop-UP
Primeiro andar do Mercado

Lugar

Primeiro andar do Mercado
Rúa Serra, 5
Categorías
QR Code

Data

19 Mar 2021
Caducada

Hora:

Dúas sesións, ás 11 e ás 12.30 h.
11:00 am - 2:00 pm

Prezo

Gratis

O Ganapán (Espazo CREA): Tarxetas Pop-UP

Espazo CREA

As tarxetas de felicitación feitas a man son sempre un bonito detalle para sorprender a quen queiras. Ademáis, son moi chamativas. Queres saber como se fan? Animádevos!

Para nenos e nenas de 4 a 10 anos. Reserva a túa praza en oganapan@gmail.com

 

NORMAS DE INSCRICIÓN

Sabemos que todas e cada unha das crianzas de Pontevedra fan parte do Ganapán!
É por iso que debido ás restricións por mor da COVID-19, o Concello de Pontevedra establece as seguintes pautas de inscrición:

  1. Darase prioridade aos nenos e nenas que NON tiveran participado en ningún obradoiro nas últimas dúas semanas.
  2. As prazas restantes encheranse por estrita orde de chegada da solicitude de inscrición e en función da última vez que tiveran participado no Ganapán.
  3. Aquelas persoas que se inscribiran e non acudiran ao obradoiro solicitado (e non avisaran da súa ausencia) deberan agardar un mes para poder realizar unha nova inscrición.
  4. As persoas solicitantes que finalmente entren no obradoiro terán a notificación por correo-e como máximo o día anterior á realización da actividade.