Inicio Actividades O Ganapán (Espazo GASTRO): Pan de plátano
Primeiro andar do Mercado

Lugar

Primeiro andar do Mercado
Rúa Serra, 5
Categorías
QR Code

Data

18 Abr 2021
Caducada

Hora:

Dúas sesións, ás 11 e ás 12.30 h.
11:00 am - 2:00 pm

Prezo

Gratis

O Ganapán (Espazo GASTRO): Pan de plátano

Con esta saborosa receita latinoamericana, elaborada con bananas, prepararemos o almorzo e a merenda para toda a semana. Unha receita enerxética, saudable e…riquísima!

Lembra traer a túa friameira para levar o que cociñes!

Para nenos e nenas de 4 a 10 anos. Reserva a túa praza en oganapan@gmail.com

 

NORMAS DE INSCRICIÓN

Sabemos que todas e cada unha das crianzas de Pontevedra fan parte do Ganapán!
É por iso que debido ás restricións por mor da COVID-19, o Concello de Pontevedra establece as seguintes pautas de inscrición:

  1. Darase prioridade aos nenos e nenas que NON tiveran participado en ningún obradoiro nas últimas dúas semanas.
  2. As prazas restantes encheranse por estrita orde de chegada da solicitude de inscrición e en función da última vez que tiveran participado no Ganapán.
  3. Aquelas persoas que se inscribiran e non acudiran ao obradoiro solicitado (e non avisaran da súa ausencia) deberan agardar un mes para poder realizar unha nova inscrición.
  4. As persoas solicitantes que finalmente entren no obradoiro terán a notificación por correo-e como máximo o día anterior á realización da actividade.