

O Ganapán (Espazo CREA): Mini xardíns!
Durante este ano de pandemia todos quixemos ter un anaquiño verde na nosa casa, así que no Ganapán decidimos crear un xardín en miniatura para poder disfrutar del todo o ano.
Para nenos e nenas de 4 a 10 anos. Reserva a túa praza en oganapan@gmail.com
NORMAS DE INSCRICIÓN
Sabemos que todas e cada unha das crianzas de Pontevedra fan parte do Ganapán!
É por iso que debido ás restricións por mor da COVID-19, o Concello de Pontevedra establece as seguintes pautas de inscrición:
- Darase prioridade aos nenos e nenas que NON tiveran participado en ningún obradoiro nas últimas dúas semanas.
- As prazas restantes encheranse por estrita orde de chegada da solicitude de inscrición e en función da última vez que tiveran participado no Ganapán.
- Aquelas persoas que se inscribiran e non acudiran ao obradoiro solicitado (e non avisaran da súa ausencia) deberan agardar un mes para poder realizar unha nova inscrición.
- As persoas solicitantes que finalmente entren no obradoiro terán a notificación por correo-e como máximo o día anterior á realización da actividade.