

O Ganapán (Espazo GASTRO): México “Fajitas”
Imos cruzar o Atlántico para visitar México e así coñecer unha parte da cultura gastronómica do país. Para iso imos preparar unhas saborosísimas fajitas!
Probástelas algunha vez?
Para nenos e nenas de 4 a 10 anos.
Reserva a túa praza en oganapan@gmail.com. Para facelo debes enviarnos estes datos:
- nome da actividade (se é no Espazo CREA ou GASTRO)
- nome e apelidos do neno ou nena
- idade
- nome da persoa que achega ó/a menor á actividade
- teléfono de contacto
- observacións (onde se indique se a persoa anotada ten algunha alerxia, e se se dá consentimento para tirar imaxes onde saia o menor.
NORMAS DE INSCRICIÓN
Sabemos que todas e cada unha das crianzas de Pontevedra fan parte do Ganapán!
É por iso que debido ás restricións por mor da COVID-19, o Concello de Pontevedra establece as seguintes pautas de inscrición:
- Darase prioridade aos nenos e nenas que NON tiveran participado en ningún obradoiro nas últimas dúas semanas.
- As prazas restantes encheranse por estrita orde de chegada da solicitude de inscrición e en función da última vez que tiveran participado no Ganapán.
- Aquelas persoas que se inscribiran e non acudiran ao obradoiro solicitado (e non avisaran da súa ausencia) deberan agardar un mes para poder realizar unha nova inscrición.
- As persoas solicitantes que finalmente entren no obradoiro terán a notificación por correo-e como máximo o día anterior á realización da actividade.