

O Ganapán (espazo GASTRO) Crumble de mazás e peras.
Espazo GASTRO
O crumble é unha sobremesa orixinaria de Gran Bretaña.
Trátase dunha torta de froitas de outono e inverno, para amantes das tortas de mazá. Pero nós, ademais, imoslle dar o noso “toque” culinario engadindolle peras.
Xa se nos fai a boca auga, e a vós?
Lembra traer a túa friameira para levar o que cociñes!
Para nenos e nenas de 4 a 10 anos.
Reserva a túa praza en oganapan@gmail.com enviando a seguinte información:
- Nome da actividade e en que espazo se desenvolve (CREA ou GASTRO)
- Nome e apelidos do neno ou nena
- Idade
- Nome da persoa adulta que achega ó/a menor á actividade
- Teléfono de contacto
- Observacións (onde debes indicar se a persoa anotada ten algunha alerxia, e se nos das consentimento para tirar imaxes onde saia o menor).
NORMAS DE INSCRICIÓN
Sabemos que todas e cada unha das crianzas de Pontevedra fan parte do Ganapán!
É por iso que debido ás restricións por mor da COVID-19, o Concello de Pontevedra establece as seguintes pautas de inscrición:
1_ Darase prioridade aos nenos e nenas que NON tiveran participado en ningún obradoiro nas últimas dúas semanas.
2_ As prazas restantes encheranse por estrita orde de chegada da solicitude de inscrición e en función da última vez que tiveran participado no Ganapán.
3_ Aquelas persoas que se inscribiran e non acudiran ao obradoiro solicitado (e non avisaran da súa ausencia) deberan agardar un mes para poder realizar unha nova inscrición.
4_ As persoas solicitantes que finalmente entren no obradoiro terán a notificación por correo-e como máximo o día anterior á realización da actividade.