

Charla-cata comentada. Estilos clásicos, novos formatos. Cervexas Nasa e Meiga
SESIÓN ÁS 20.30 H
No Espazo Gastronómico imos celebrar o Día de San Patricio cunha cata de cervexas moi especial.
Anótate e vén coñecer as variedades Brétema (Cervexa Meiga) e Revolta (Cervexa Nasa). Desta volta preséntanse envasadas en lata. Na charla comentaranse as bondades deste formato para a cervexa artesá.
MEIGA Cervexa Brétema
Cervexa dourada de 5º. Presenta unha turbidez moi fina, cun sabor afroitado e refrescante. Cun corpo lixeiro, ao servila presenta unha escuma branca e cremosa. Notas a froita madura e uva propias do tipo de fermentación e lévedo empregado. Leva un DRYHOP de lúpulo Citra que aporta un agradábel sabor a cítricos. Perfecta para combinar con entremeses.
NASA Cervexa Revolta
Indian Pale Ale 5% ABV. Cervexa loira, cítrica e aromática. Refrescante e de amargor medio, grazas aos lúpulos norteamericanos e centroeuropeos.
———————————————–
INFORMACIÓN SOBRE A INSCRICIÓN:
A actividade é de balde e está reservada para maiores de 18 anos. Para acudir escribe a actividadesomercado@gmail.com enviando os seguintes datos:
- Nome e apelidos
- DNI
- Teléfono