O Ganapán (Espazo CREA): Faroliños de man
Para alumear as noites de pouco luar, uns cartóns de leite imos reutilizar. Como? Dándolles forma de farol sen que compita coa luz do sol.
Para nenos e nenas de 4 a 10 anos. Reserva a túa praza en oganapan@gmail.com
NORMAS DE INSCRICIÓN
Sabemos que todas e cada unha das crianzas de Pontevedra fan parte do Ganapán!
É por iso que debido ás restricións por mor da COVID-19, o Concello de Pontevedra establece as seguintes pautas de inscrición:
- Darase prioridade aos nenos e nenas que NON tiveran participado en ningún obradoiro nas últimas dúas semanas.
- As prazas restantes encheranse por estrita orde de chegada da solicitude de inscrición e en función da última vez que tiveran participado no Ganapán.
- Aquelas persoas que se inscribiran e non acudiran ao obradoiro solicitado (e non avisaran da súa ausencia) deberan agardar un mes para poder realizar unha nova inscrición.
- As persoas solicitantes que finalmente entren no obradoiro terán a notificación por correo-e como máximo o día anterior á realización da actividade.