O Ganapán do Nadal (espazo CREA). Calcetíns sostibles de Noiteboa
Espazo CREA
A lenda di que debemos deixar calcetíns colgados na cheminea para que Papá Noel pase e deixe os seus doces, agasallos e un rastro de estrelas brillantes no ceo…Non perdades a ocasión de facer os vosos propios calcetíns… Papá Noel vai quedar encantado!
Para nenos e nenas de 4 a 10 anos.
Reserva a túa praza en oganapan@gmail.com enviando a seguinte información:
- Nome da actividade e en que espazo se desenvolve (CREA ou GASTRO)
- Nome e apelidos do neno ou nena
- Idade
- Nome da persoa adulta que achega ó/a menor á actividade
- Teléfono de contacto
- Observacións (onde debes indicar se a persoa anotada ten algunha alerxia, e se nos das consentimento para tirar imaxes onde saia o menor).
NORMAS DE INSCRICIÓN
Sabemos que todas e cada unha das crianzas de Pontevedra fan parte do Ganapán!
É por iso que debido ás restricións por mor da COVID-19, o Concello de Pontevedra establece as seguintes pautas de inscrición:
1_ Darase prioridade aos nenos e nenas que NON tiveran participado en ningún obradoiro nas últimas dúas semanas.
2_ As prazas restantes encheranse por estrita orde de chegada da solicitude de inscrición e en función da última vez que tiveran participado no Ganapán.
3_ Aquelas persoas que se inscribiran e non acudiran ao obradoiro solicitado (e non avisaran da súa ausencia) deberan agardar un mes para poder realizar unha nova inscrición.
4_ As persoas solicitantes que finalmente entren no obradoiro terán a notificación por correo-e como máximo o día anterior á realización da actividade.